Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 29 marzo 2024.

Publicación de datas e horas de realización dos exercicios da OPE 2016 das categorías de técnicos

    12/05/2016.

    No DOG do 11 de maio publicouse o anuncio polo que se fai público o lugar e a data de realización dos exercicios da fase de oposición da OPE das categorías de enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía, fisioterapeuta, logopeda, terapeuta ocupacional, técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía, técnico/a superior en hixiene bucodental, técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico, técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico, técnico/a superior en radioterapia, técnico/a en coidados auxiliares de enfermería e técnico/a en farmacia.
    Os exames terán lugar os próximos días 28 e 29 de maio, no Recinto da Feira Internacional de Galicia (Silleda-Pontevedra), nas seguintes datas e horas: 

    Sábado, 28 de maio de 2016: Logopeda 9:30, Técnico/a en farmacia 9:30, Técnico/a superior en radioterapia 9:30, Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría 16:30. 

    Domingo, 29 de maio de 2016: Fisioterapeuta 9:30, Técnico/a superior en hixiene bucodental 9:30, Técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico 9:30, Enfermeiro/a especialista en obstetricia e xinecoloxía 16:00, Técnico/a superior en anatomía patolóxica e citoloxía 16:00, Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico 16:00, Terapeuta ocupacional 16:00.

    Na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) publicaranse as distintas portas de acceso ao recinto de realización das probas así como os/as aspirantes comprendidos/as en cada unha delas. As persoas aspirantes deberán comprobar, con carácter previo, a porta de acceso que lles corresponde. Non se permitirá o acceso das persoas aspirantes ao interior do recinto con dispositivos de telefonía móbil ou soportes con memoria. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles. O venres, 13 de maio publicaranse as puntuacións definitivas da fase de oposición da OPE das categorías de médico/a de familia e enfermeiro/a, declarándose finalizada así a fase de oposición.
     

    Documentación asociada
    Documentación asociada

    FACEBOOK

    TWITTER