Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 29 marzo 2024.

CCOO esixe a negociación dun plan de igualdade no SERGAS

    O Servizo Galego de Saúde está obrigado por lei á elaboración do dito plan. A federación de Sanidade de CCOO de Galicia conxuntamente co Sindicato Nacional de Galicia comunicou hoxe en rolda de prensa a denuncia a Inspección de traballo pola non convocatoria dun plan de igualdade no SERGAS.

    08/06/2018.
    Mamen Sabio, secretaria de Políticas de Igualdad, e Emilia Lamas, secretaria de la Mujer

    Mamen Sabio, secretaria de Políticas de Igualdad, e Emilia Lamas, secretaria de la Mujer

    En febreiro de este ano, esta federación presentou unha solicitude diante da Consellería de Sanidade da negociación deste plan tal e como ven recollido no VII Plan Estratéxico para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes da Xunta de Galicia.
     
    Á negociación do plan de igualdade están obrigadas todas as empresas de máis de 250 traballadores e traballadoras, segundo establece a Lei orgánica 3/2007 para a igualdade efectiva de mulleres e homes. O departamento autonómico supera con moito este suposto, xa que conta con preto de 35.000, das cales o 80% son mulleres.

    Asemade, a Lei orgánica 7/2007 do Estatuto Básico do Empregado Público, afirma que as Administracións Públicas deberán elaborar e aplicar un plan de igualdade a desenvolver no convenio colectivo ou acordo de condicións de traballo do persoal funcionario.
    Segundo CCOO, o plan de igualdade «axudaranos a coñecer mellor as dificultades e evitar as barreiras que poidan supoñer discriminación».

    Na rolda de prensa  interviron  Mamen Sabio, secretaria de Políticas de Igualdade, e Emilia Lamas, secretaria da Muller de CCOO-Sanidade.

    FACEBOOK

    TWITTER