Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 28 marzo 2024.

Publicación da oferta de destinos e relación provisional de admitidos/as e excluídos/as do concurso de traslados aberto e permanente.

    26/03/2018.

    Hoxe publicouse no Diario Oficial de Galicia a relación provisional de admitidos/excluidos e a oferta de destinos do ciclo de adxudicación correspondente ao ano 2018 do concurso de traslados aberto e permanente.
     
    Os/as participantes neste ciclo, que así o desexen, disporán dun prazo de quince días naturais, a contar desde o seguinte ao da publicación no DOG para poder modificar, a través de Fides/expedient-e, no seu formulario de participación, a selección de destinos efectuada. O prazo finaliza o 10 de abril, incluido. As modificacións que se realicen deberán presentarse por rexistro electrónico e non requirirán a entrega de ningunha documentación.
     
    De conformidade coa base 3.5.1 da Resolución do 20 de novembro de 2017, pola que se aproban as bases do procedemento de concurso, aquelas solicitudes de participación que, logo do prazo sinalado, non conteñan a selección de polo menos un destino quedarán excluidas do ciclo de adxudicación en curso.
    Nos arquivos que se xuntan abaixo podedes consultar a relación de prazas ofertadas por categoría así como os centros nos que poidan existir resultas.

    FACEBOOK

    TWITTER