Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 19 abril 2024.

SERGAS

Informámosvos do número de prazas das Ofertas de Emprego Público do SERGAS correspondentes aos anos 2017, 2018 e 2019. Queda pendente a convocatoria (única e coas prazas correspondentes a estas tres ofertas sumadas) que previsiblemente se fará ao longo deste ano 2019.

Cartaz OPE PSX

  • Hoxe 7 de marzo publicouse no DOG a convocatoria

Podedes acceder á convocatoria no arquivo que se xunta. O prazo para inscribirse abrangue dende o 15 de marzo ao 30 de abril, ambos incluídos.

SERGAS

  • CCOO cualifica de «insuficiente» a oferta pública de emprego
  • O sindicato critica que non se convoquen prazas de certas categorías e atribúeo á pretensión da Consellaría de privatizar os servizos a que pertencen

A Federación de Sanidade de Comisións Obreiras de Galicia cualifica de «insuficiente» a oferta pública de emprego (OPE) presentada este venres polo Sergas na mesa sectorial. O sindicato critica que non se convoquen prazas en certas categorías, como lavandaría ou mantemento, que levan unha década sen OPE ningunha. CCOO atribúe este feito á pretensión da Consellaría de privatizar os servizos a que pertencen e seguirá a reivindicar que as prazas que agora non se convoquen si formen parte da vindeira oferta pública de emprego. Desde CCOO-Sanidade lembran que a actual oferta pública de emprego é consecuencia da OPE excepcional solicitada, negociada e pactada por CCOO no ámbito do Estado, co obxectivo de regular centos de contratos en fraude de lei.