Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia | 16 abril 2024.

Manifestación del 1º de mayo en Galicia

125.000 persoas saíron ás rúas das principais vilas e cidades galegas (A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Burela, Ourense, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, Vigo e Ribeira), convocadas por UGT e CCOO, para denunciar que «Queren acabar con todo. Traballo, dignidade e dereitos».

Manifestación Santiago

  • CCOO e UGT convocaron manifestacións na Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Viveiro, Ourense, Pontevedra, Vilagarcía e Vigo

Miles de persoas participaron nas manifestacións que CCOO e UGT convocaron en toda Galicia (A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Viveiro, Ourense, Pontevedra, Vilagarcía e Vigo) para conmemorar este Primeiro de Maio e reclamaron que a recuperación chegue xa a toda a cidadanía. Para isto, cómpre que os Gobernos, o central e galego, poñan riba da mesa todos os mecanismos necesarios para garantir emprego estable, salarios xustos, pensións dignas e máis protección social.